Saturday 11 de May de 2024

A Carreira Popular de Corrubedo adianta a súa data a este domingo na súa 3ª edición pero será tan esixente e bonita coma sempre


A proba terá unha lonxitude de 11,3 kilómetros

Santa Uxía de Riveira, 2 de agosto de 2016.- A Carreira Popular de Corrubedo regresa este domingo 7 de agosto na súa terceira edición co fin de ofrecer unha das probas máis esixentes e bonitas pola vistosidade do entorno na nosa comarca.

A competición está organizada pola asociación O Cabo de Corrubedo coa colaboración do Concello de Riveira. Tradicionalmente se vén celebrando cada 15 de agosto coincidindo coa patroa de Corrubedo (Santa María) pero ao caer este ano xusto o luns de despois das Festas de Verán decidiuse adiantar a cita.

De 11,3 kilómetros de lonxitude, o percorrido sairá do porto ás 10 horas para atravesar paraxes tan fermosas como o faro, as praias de Baleiros e O Prado, a zona do Corgo e Laxe Brava, o entorno do parque natural pola parte máis próxima ao areal da ladeira, Espiñeirido, o casco histórico de Corrubedo, etc… Os corredores terán así unha boa oportunidade de medir as súas forzas ao descorrer tanto en asfalto como en terra, pedra, herba e area.

Os interesados en participar dispoñen ata este xoves 4 de agosto ás 23.59 horas na web http://corrubedo.galitiming.com/. O prezo é de 6 euros.

Categorías inferiores
A continuación da proba grande haberá outras máis curtas de 2.500 metros (para corredores de 12 a 15 anos, ás 12 do mediodía), 1.200 metros (9 a 11 anos, ás 12.25 horas), 200 metros (de 6 a 8 anos, ás 12.40 horas) e 100 metros (de 0 a 5, ás 12.45 horas). En todos estes casos a inscrición será gratuíta agás se se fai no propio día da carreira, no que haberá un prezo simbólico dun euro.